Blogia
elianinha

Na library, tía, que strong!!!

Na library, tía, que strong!!! Pois si, tia, que teño présa, que teño cita na pelu agora para ir mañá á blibioteca. Jo, tía, á library que non te enteras!!! É que é moi strong, pero teño visto a tías que van, séntate eh, en chándal, tía!!! Si, un escándalo. É que non sei onde pensan que van. Unha laibrary precisa traxe de mañá, de tarde, de cóctel e salto de cama se é preciso. Se é que son unhas desharapadas. Para flipar.
Pois iso, que aínda que che pareza incrible, aínda hai "machotas", que non van de minifalda, incluso hainas que van con zapatos planos, mesmo de deportivas, tía. Co agradable que é oír uns tacóns dende a outra esquina da laibrary tocotó tocotó, durante minuto e medio polo menos. Todos levantan a vista porque saben que sobre ese tocotó, vai unha tía con estilo. Hai miradas de odio, pero por envexa. Coa de tíos cachondos que hai alí, que se pilla fijo. Ademais como levas libros, pois ata os podes engañar e finxir que es intelixente.

Nada nena, que te deixo, que despois da pelu tocan as unllas. Muás muás.

1 comentario

alejandro -

non sexas así que podes perder os ollos nunha destas