Blogia
elianinha

Chove (ou non)

Expresións deste tipo son moi tópicas en referencia á idiosincrasia galega: non se sabe se soben ou baixan. Sempre cubríndonos as costas. Estou convencida de que ZP ten que ter familia galega, porque non sei se sobe ou baixa, se vai ou se volve.
Cada vez que sae ZP pola tele, leo algo del no xornal ou na rede, escoito na radio ou en definitiva teño novas del, vexo que recúa a pasos axigantados. Recúa, recúa. Normal, nin o seu propio pai cría que fose capaz de sacar máis do 20% dos votos, como ía pensar en gañar as eleccións. E claro, un promete e promete (como me di miña nai "puedo prometer y prometo que una vez que la haya metido me olvidaré de lo prometido", sabia Marisoliña)..., e cando non tes expectativas prometes de todo.
Eu diríalle un "hai que joderse". Agora cumpla. Senón eu cumplirei a miña ameaza: Voulle dar moita brasa.
ZP coma o día: chove ou non

2 comentarios

MOSA -

por certo, xa me explicarás un día como se fai isto da bitácora, que me mola bastante, é unha forma de desahorgame e dicir o q lle pasa pola cabeza á miña extraña persoa...

MOSA -

tes moita razón no que dis, mais como o 100% dos seres humáns sabe, non hai un pu.. político que cumpla todo o que di, todos son iguais, en iso consiste a súa ciencia: eu digo e mañá nego... qué lle imos facer? (pensamento típico galego), pois non é así, é hora de que a xente espabile, carallo! :P
un biko juapa