Rumbo a Burdeos!!!!!!!
Parece que finalmente nos dan algunha resposta, pero gracias á ineficacia e incompetencia dalgúns dos funcionarios da USC ou ben cambio o período e voume dentro de 6 meses ou o vindeiro ano ou terei que pagar unha cantidade ben superior ao previsto. ¿Puj cuá? Pois porque non puiden reservar residencia e teño que ir a un piso privado. En fin, nada.
Cariñosamente para os meus frikis
Estaba nun destes momentos que che apetece pensar nos cambios trascendentais da túa vida. E entón apareceron un séquito de persoas que nos últimos dous anos fixéronme ver as cousas dun modo moi distinto. Refírome aos meus compañeiros da faculdade de xornalismo. Eses 15 que sempre nos imos de cea. Bótovos de menos...
Non me mola poñerme con sensiblerías, pero non teño outro remedio máis que deixarvos unha pequena pegada do profundo afecto que sinto por vós. Sodes cojonudisísisimos. Malia que o vindeiro ano, se por fin se deciden, andarei por Burdeos privando viño francés a cañón, sempre teredes un pequeno oco en min onde vos levarei a todos.
Sobre todo cando nos independicemos e creemos o campo de concentración en Asturies... XD XD XD
E é que xa son moitas cousas vividas: aprendendo a pronunciar pechadas e abertas, escribir unha columna sobre un chaleco reflectante, ou programas dramáticos sobre a vida de Bush...
Cada vez que este verán entre no Pub Gasteiz tomareime unha caña á vosa saúde.
Longa vita Potter!!!
Vémonos... ¿Onde nos imos ver? NA CAFETERÍA!!!!
Gracias por terdes aparecido na miña vida, xornalismo non sería o mesmo sen vós.
Imaginación como religión, invención como convención.
L'estaca
Lémbrome cando era nova, que... gostaba de escoitar a Lluis Llach
(versión traducida ao final)
L'ESTACA
L'avi Siset em parlava
de bon matí al portal
mentre el sol esperàvem
i els carros vèiem passar.
Siset, que no veus l'estaca
on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en
mai no podrem caminar!
Si estirem tots, ella caurà
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba
ben corcada deu ser ja.
Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.
Però, Siset, fa molt temps ja,
les mans se'm van escorxant,
i quan la força se me'n va
ella és més ampla i més gran.
Ben cert sé que està podrida
però és que, Siset, pesa tant,
que a cops la força m'oblida.
Torna'm a dir el teu cant:
Si estirem tots, ella caurà...
Si jo l'estiro fort per aquí...
L'avi Siset ja no diu res,
mal vent que se l'emportà,
ell qui sap cap a quin indret
i jo a sota el portal.
I mentre passen els nous vailets
estiro el coll per cantar
el darrer cant d'en Siset,
el darrer que em va ensenyar.
Si estirem tots, ella caurà...
Si jo l'estiro fort per aquí...
--------------------------------------------------------------------------------
A ESTACA
(L'ESTACA)
O vello Siset falábame
ao amencer, no portal,
namentres agardabamos a saída do sol
e víamos pasar os carros.
Siset: ¿Non ves a estaca
á que estamos todos atados?
Se non conseguimos liberarnos dela
nunca poderemos andar.
Se tiramos forte, farémola caer.
Xa non pode durar moito tempo.
Seguro que cae, cae, cae,
pois debe estar xa ben apodrecida.
Se eu tiro forte por aquí
e ti tiras forte por allí,
seguro que cae, cae, cae,
e poderemos liberarnos.
¡Pero, pasou tanto tempo así !
As mans estanseme esfolando,
e en canto abandono un instante,
faise máis grosa e máis grande.
Xa sei que está apodrecida,
pero é que, Siset , pesa tanto,
que ás veces abandónanme as fuerzas.
Repíteme a túa canción.
Se tiramos forte...
O vello Siset xa non di nada;
levouno un mal vento.
- el sabe cara a donde -,
namentres eu continúo baixo o portal.
E cando pasan os novos mozos,
alzo a voz para cantar
o último canto que el me ensinou.
Se tiramos forte...
Quen é Juan Corso?
Juancorso... Que se esconde tras deste pseudónimo??? A faculdade de xornalismo de Santiago de Compostela agocha un dos secretos máis grandes do mundo mundial: a mafia lucense que predomina e goberna na sombra en Ciencias da Comunicación. Encabezados polo señor Celeiro, Xosé López, Antía López, Margarita Ledo ou Xosé Soengas, entre outros que se escapan á razón. E así o citado señor Celeiro, director do xornal da usc, forma a liga dos elexidos lucenses, e adícanse a conspirar en reunións privadas baixo o pretexto dunha publicación.
Entre eles... si tamén está este misterioso Juan Corso. O único capaz de sacarlle unha foto a Carme Hermida, de fotocopiar o D.N.I de profes esquivos, de coleguizar con Galindo, de casarse con Raquel... ¿Quen é Juancorso? ¿Quen está á fronte deses complot xudeo-masónico-lucense que opera en Ciencias da Comunicación? ¿Panchito, que ocultas baixo esa tenra apariencia???
O retorno de Elianinha
A todos os que estabades preocupadillos pola miña ausencia cibernética... polos comentarios deduzo que só Pochi ;p, infórmovos de que media ducia de virus malvados estaban tratando de apropiarse do meu ordenador. Unha liga encabezada polo Funlove seguida polo Opaserv e vermes brasileiros estaban colonizando o meu ordenador, e xa lograran sitiar as cidades de winupdate e outros núcleos importantes. Pero coa axuda de todos un exército de antivirus e gobernados polo anel único todos e cada un dos virus foron aniquilados.
Excepto aquel Funlove 4070, que se encadenara e entonando un nooo, noooo, no nos moverán, resistía en silencio. Finalmente, gracias a Aragorn que veu no meu auxilio-eu, pobre Arwen-, logrei derrotar a ese último reducto saurónico.
En fin, que de inmediato me poño a currar para que eses tan aburridiños me teñan novamente pululando.
PD: Venres 16 pola noite, Casa da 3ª idade de Vedra, a carón do Polideportivo e do C.P.I. de Vedra. Estreo de Amores e crimes de Juan Pantera e reestreo de Romance de Micomicón e Adhelala, dúas obras de teatro de Eduardo Blanco Amor dentro das súas Farsas para títeres, de Andaravía Teatro, da Asociación Cultural Papaventos. Na segunda actúo eu, e a primeira a actriz principal asegúrovos que resulta moi interesante... non vos falo do elenco de actores que a rodean. Se queredes pasar un momento agradable anímovos a que pasedes por aló. Supoño que será sobre as dez.
Se alguén acudíu á mostra de teatro amador que montamos, Teatrofilia, gustaríame saber a vosa opinión.
Real coma a vida mesma
Despois do estrés dos exames, nada como un pouco de rebeldía para soltar adrenalina. E para mostra un botón... real.
Compensádeme a mala ostia que teño por veces.
Rematando
Xa queda menos!!! Un par de probas arbitrarias desmoralizantes e inútiles (exames). Un de galego oral e outro de xéneros interpretativos e de opinión na escrita. Que se saiba que respecto ao último exame estou bastante mosqueada. O señor Gago púxome un cutre 3'5 (ven sendo un 7) nas prácticas da materia, o cal me fastidia un montón, pero me pode a desidia e probablemente non vaia reclamar.
En fin, haberá que recurrir a outros métodos para sacar nota no exame... Xa sei que para falar de chuletas e técnicas de copieteo debería telo feito hai un par de semanas, pero nunca é tarde, non?
Pero para aqueles que desexen ser honrados, tamén hai técnicas de estudo e realización, de exames.
Consello: estudiar no verán non mola un carallo...
Na library, tía, que strong!!!
Pois si, tia, que teño présa, que teño cita na pelu agora para ir mañá á blibioteca. Jo, tía, á library que non te enteras!!! É que é moi strong, pero teño visto a tías que van, séntate eh, en chándal, tía!!! Si, un escándalo. É que non sei onde pensan que van. Unha laibrary precisa traxe de mañá, de tarde, de cóctel e salto de cama se é preciso. Se é que son unhas desharapadas. Para flipar.
Pois iso, que aínda que che pareza incrible, aínda hai "machotas", que non van de minifalda, incluso hainas que van con zapatos planos, mesmo de deportivas, tía. Co agradable que é oír uns tacóns dende a outra esquina da laibrary tocotó tocotó, durante minuto e medio polo menos. Todos levantan a vista porque saben que sobre ese tocotó, vai unha tía con estilo. Hai miradas de odio, pero por envexa. Coa de tíos cachondos que hai alí, que se pilla fijo. Ademais como levas libros, pois ata os podes engañar e finxir que es intelixente.
Nada nena, que te deixo, que despois da pelu tocan as unllas. Muás muás.
Exames
Odio os exames.
Estou mu tensa, moi tensa. Creo que vou comezar a fumar.
Fumar algo que me relaxe...
Para tod@s @s examinad@s
Para tod@s @s profes cabróns.
Para tod@s @s chapóns de clase.
Para tod@s @s cabróns que non che deixan copiar nos exames.
Para tod@s @s cambiachaquetas pseudonacionalistas.
Para tod@s @s que non che pasan os apuntes.
Para tod@s @s profes que gozan con cada suspenso.
Para tod@s @s que se regodean no teu agobio porque aínda che queda un montón que estudiar.
Para tod@s @s pelotillas dos profes.
Para tod@s @s que por unha competencia voraz intenta joderme.
Para tod@s @s profes que non lles mola ser profes e pagan conmigo a súa frustración.
Para tod@s @s que se alegran polas miñas putadas.
Para eles...
¡Que se volvan así de cachondos!!!
Iraq
Nun correo que me chegou hoxe dirixíanme a unha dirección onde se recollen fotos da
tortura en Iraq por parte dos soldados americanos.
Aviso: algunhas das imaxes, que non apareceron nos xornais, son moi fortes e desagradables. Pensade que peor que velas é ter que vivilas.
Gracias, Aida
Cumplindo
Como sempre, teño un millón de recados pendentes, e como sei que os meus benqueridos amigos e amigas lerán a miña blog (jeje), pois aquí cumplo con todos os meus temas.
1.- Aida (lestedo) feliz Aniversárioooo!!!!!! Non penses que me esquecera, pero eu e mailo meu móbil vimos sufrindo unha crise dende hai un tempo e... Iso, que me lembro de ti, eh!!!
2.- Aida (facultade): non me lembraba daquel comentario que che deixara, vale, si que estaba chuzas...
3.- Gañou as eleccións ao claustro da Universidade na facultade de Xornalismo alguén que é completamente incongruente coa súa ideoloxía (lembrades o artigo no que contaba o caso dun rapaz do PP que se fixo comunista? Agora é dos CAF. O nome do artigo é Sede Congruentes, creo.). Acabo de perder a fe nas institucións, na ideoloxía, no nacionalismo e en moitas das persoas... Por favor, antes de que entre nunha seita, que alguén me explique que coño fai como representante das CAF máis votado, un individuo que me insultou persoalmente por colaborar no xornal da plataforma Nunca Máis, dicíndimo que a nódoa no meu expediente non a eliminaría nin o máis potente dos deterxentes. Graciñas.
Exames
Millóns de exames (bueno, entre sete e oito realmente) impídenme que poida escribir coa asiduidade que me gustaría. Ademais a variedade temática é bastante limitada: estou moi metida na teoría dos medios de comunicación, e francamente, se me poño a falar aquí da marabilla da radio digital audio broadcasting, dos tubos triniton que están desterrando o trono dos raios catódicos e todo iso, pois éche unha parida. Podería falar das estupendas candidaturas dos CAF da faculdade, pero poñeríame moi tensa (un deles era un individuo que me dicía que era diglósico orgulloso: o galego de portas para dentro soamente, agora nacionalista convencido???). Iso, que ultimamente non anda o mar como tiña que andar...
Rutinash
8:00 erguerse
8:30 pirar
8:55 ir a clase ou non? 1ª visita á cafetería
9:00 vou a clase. Cada hora e media regreso ao meu 2º fogar, a cafeta. Se non vou a clase quedo na cafeta, of course
13:30 jalar cos colegas. Un dos mellores momentos do día
As tardes en clases ou movidas.
A iso das 9 retorno ao kel, ceo cama tv sobo.
Péchase o ciclo.
Gracias a todos os que rompen a puta rutina da vida.
Aos que estean cansados de todo, que digan que a súa vida é un coñazo, que descubran eses pequenos detalles que quebran as rutinas e que os aproveiten.
A felicidade é iso: para min escribir, para ti tal vez ler, tal vez pensar, tal vez crer nalgo... Ti a escolles, ti a desfrutas. O resto é accesorio.
Por veces alucino con peña que me cruzo pola rúa, xente obcecada nos seus problemas, que non se dá de conta dos pequenos regalos que nos fai cada día todo o que nos rodea. Mira a xente que está na túa vida sen que ti o saibas, persoas que tal vez sexan detestables, pero probablemente non.
O máis fermoso é vivir con intensidade. Se te implicas ao máximo no que che apaixoa, o pracer será moito máis intenso do que se vives arrastrado por todo o que circula na túa vida, se só transitas.
Non te quedes pensando en "que tería pasado se...". Arrisca e faino, e aínda que saia mal, pensa que do malo se aprende. Se sae ben, adícame un pensamento positivo.
Pasar das rutinas, non ter medo aos cambios, arriscar, loitar polo que cres... ser feliz.
Liberdade de expresión
Hoxe é día festivo na miña faculdade. É o día da liberdade de expresión. Así que exerzo o meu dereito e escribo. Libremente e sen censura. A rede é un novo medio fundamental para que todos poidamos comunicarnos de xeito libre. Non o desaproveitemos.
Aproveito para felicitarvos a tod@s os que cada día contribuídes un pouquiño a que a palabra sexa un dereito e non un privilexio.
Saúde e forza, que diría alguén...
PD: Pola groria do noso ex-presidente, deámoslle agora o que merece. Cumpre co teu deber patriótico.
Tedio
Dios, que coño escribo... Apetéceme escribir, pero a velocidade das miñas neuronas non chega ao mínimo permitido hoxe. Así que, como sempre pensei que para non decir nada é mellor estar calados, envíoche a unha páxina molona molona. Disfrútaa.
Galeg@ eu???
Levo o virus de escribir dentro do corpo. Supoño que o que vou contar nas vindeiras liñas será moi reprobable por moitas das persoas que lean isto, pero dígoche a ti, que les isto, que consideres que a miña patoloxía é grave e non ten cura.
Hoxe tiven que levar o meu irmán ao hospital por urxencias. Namentres estabamos agardando non puiden facer outra cousa máis que sacar un papel do meu bolso e poñerme a escribir o que agora aquí transcribo. Xa está ben o neno, por se alguén pensa que o deixei esquecido para publicar isto na bitácora.
En fin, a situación era bastante curiosa. Estaba eu con miña nai e o neno, un neno con seu pai e súa avoa, outro máis con seu pai e seu irmán maior, e finalmente unha nena coa súa nai. Pois ben, o ser humano que foi quen de obrigarme a sacar o bolígrafo e o papel foi o pai que viña coa avoa e o neno. Eu alí, sentada en urxencias de pediatría, non collía no meu asombro mirando aquel home cunha capacidade lingüística envexable por calquera de nós. O uso que aquel home facía do galego e o castelán simultaneamente era a utopía de calquera profesor dunha academia de idiomas. O señor pai era quen de falar nun galego enxebre con súa nai e nun castelán forzado co seu neno, con ámbolos dous á vez e sen se equivocar de idioma ao se dirixir a cada un deles.
Esta habilidade lingüística deixóume tan abraiada que empecei a espreitar aos papis e mamis que me rodeaban. Miña nai e meu irmán son galegofalantes, malia os intentos da miña avoa para que fose un rapaz "cidade", aínda que non a culpo: ela tamén sufriu o seu supoño falando galego. Afortunadamente cambiaron as cousas.
O pai e o outro meniño tamén falaban ambos castelán, a excepción de cando o adulto se acordaba da familia das enfermeiras porque non lle traían as placas do pequecho, xuramentos que facía en galego. O irmán maior descoñezo o idioma: só falaba por SMS. A nena pola súa banda, estaba demasiado concentrada na dor que padecía como para falar, mais con esforzo escoitéille un fermoso galego, acento idéntico ao da nai.
E así, pensando pensando... Que afortunados son eses pais, capaces de falar galego e castelán case con perfección (lástima que as sintaxe e o vocabulario castelán sexan tan galegos e o galego estea tan contaminado), capaces de cambiar de idioma cunha habilidade e un dominio maxistral. Lástima que non lle permitan ese privilexio aos seus fillos.
Por certo, se queredes estatísticas e datos sobre a historia, usos e situación do galego velaí vos deixo unha páxina moi interesante.
Jarcha
O que me aconteceu sábado foi francamente curioso e significativo. Estaba completamente emocionada gozando dun recopilatorio que me acababa de mercar, Cantautores para la libertad, cando miña avoa chamou á porta. Naquel momento esta a sonar a mítica canción de "Libertad sin ira", de Jarcha.
Achegouse paseniñamente e preguntoume: "¿Esa música non é ilegal?". Creo que o feito e a pregunta non precisan ningún tipo de explicación. Para que vexamos en que mundo vivimos, cando ela, que viviu dende os 20 anos en Francia, nun país democrático, chega aquí con Franco morto xa, segue a pensar cunha mente censora. E é que palabras como liberdade, esperanza, resistencia, unión, nación, pobo, dereitos... seguen rechinando nalgúns oídos.
Eli-Nunca máis
Teño un día creativo