Blogia
elianinha

O retorno de Elianinha

A todos os que estabades preocupadillos pola miña ausencia cibernética... polos comentarios deduzo que só Pochi ;p, infórmovos de que media ducia de virus malvados estaban tratando de apropiarse do meu ordenador. Unha liga encabezada polo Funlove seguida polo Opaserv e vermes brasileiros estaban colonizando o meu ordenador, e xa lograran sitiar as cidades de winupdate e outros núcleos importantes. Pero coa axuda de todos un exército de antivirus e gobernados polo anel único todos e cada un dos virus foron aniquilados.
Excepto aquel Funlove 4070, que se encadenara e entonando un nooo, noooo, no nos moverán, resistía en silencio. Finalmente, gracias a Aragorn que veu no meu auxilio-eu, pobre Arwen-, logrei derrotar a ese último reducto saurónico.
En fin, que de inmediato me poño a currar para que eses tan aburridiños me teñan novamente pululando.

PD: Venres 16 pola noite, Casa da 3ª idade de Vedra, a carón do Polideportivo e do C.P.I. de Vedra. Estreo de Amores e crimes de Juan Pantera e reestreo de Romance de Micomicón e Adhelala, dúas obras de teatro de Eduardo Blanco Amor dentro das súas Farsas para títeres, de Andaravía Teatro, da Asociación Cultural Papaventos. Na segunda actúo eu, e a primeira a actriz principal asegúrovos que resulta moi interesante... non vos falo do elenco de actores que a rodean. Se queredes pasar un momento agradable anímovos a que pasedes por aló. Supoño que será sobre as dez.
Se alguén acudíu á mostra de teatro amador que montamos, Teatrofilia, gustaríame saber a vosa opinión.

2 comentarios

mariluz -

Eu vin a representación de Micomicón e Adhelala que fixestes en Gres, na fundación Neira Vilas e gustoume moito. Noraboa, sodes moi bos.
Agora estámola preparando nós con rapaces máis novos e a ver como sae!

Mosa -

Home, aquí está a desaparecida, jejejeje, xa pensei q quedaras por alá polo estranxeiro...
Pois si, eu son unha desas afortunadas que puideron disfrutar dalgunhas obras de Teatrofilia e recomendo a todos aqueles que teñan a oportunidade que se pasen por alí porque asegúrovos que aquí a xefa fai un papelón (e non pensedes q cobro comisión por dicilo). Non ten desperdicio, en serio.
Pareceume unha moi boa idea e xa estou agardando pola secuela: Teatrofilia 2 (espero q) proximamente en los mejores teatros.
Por certo, a ver se nos vemos algún día. Un bikaso.