Blogia
elianinha

Rutinash

8:00 erguerse
8:30 pirar
8:55 ir a clase ou non? 1ª visita á cafetería
9:00 vou a clase. Cada hora e media regreso ao meu 2º fogar, a cafeta. Se non vou a clase quedo na cafeta, of course
13:30 jalar cos colegas. Un dos mellores momentos do día
As tardes en clases ou movidas.
A iso das 9 retorno ao kel, ceo cama tv sobo.
Péchase o ciclo.
Gracias a todos os que rompen a puta rutina da vida.
Aos que estean cansados de todo, que digan que a súa vida é un coñazo, que descubran eses pequenos detalles que quebran as rutinas e que os aproveiten.
A felicidade é iso: para min escribir, para ti tal vez ler, tal vez pensar, tal vez crer nalgo... Ti a escolles, ti a desfrutas. O resto é accesorio.
Por veces alucino con peña que me cruzo pola rúa, xente obcecada nos seus problemas, que non se dá de conta dos pequenos regalos que nos fai cada día todo o que nos rodea. Mira a xente que está na túa vida sen que ti o saibas, persoas que tal vez sexan detestables, pero probablemente non.
O máis fermoso é vivir con intensidade. Se te implicas ao máximo no que che apaixoa, o pracer será moito máis intenso do que se vives arrastrado por todo o que circula na túa vida, se só transitas.
Non te quedes pensando en "que tería pasado se...". Arrisca e faino, e aínda que saia mal, pensa que do malo se aprende. Se sae ben, adícame un pensamento positivo.
Pasar das rutinas, non ter medo aos cambios, arriscar, loitar polo que cres... ser feliz.

2 comentarios

Corso -

Eu xa vou pouco pola Facultade para disfrutar dos meus pequenos praceres como deitarme ás 5 da mañá tódolos días, almorzar unha caña con ensaladilla no Carballera... creo que teño unha rutina de pequenos praceres. á merda cós horarios esclavos.

idooka -

mmmm...gonito...pero permitesme un matiz? Arriscar sí, sen dúbida, pero sempre facendo balance das posibles consecuencias. Arriscar por arriscar non, pódese saír moi queimado. Aparte diso, totalmente dacordo, aínda que xa sabes que eu engadiría algunhas frivolidades ;P