Blogia
elianinha

Congruencia

Congruentes era un calificativo no que nos facía moito fincapé o profesor de publicidade: "Sede congruentes". E é que non se pode ser do Barça un día e ao seguinte do Madrid, ver hoxe Tómbola e mañá Negro sobre Blanco, ser hoxe do Partido Popular e mañá afiliarte á Unificación Comunista de España. ¿Pensas que non hai casos? Poderías abraiarte.
Resulta que hai un pequeno individuo colega de profesión que cando eu o coñecín defendía a ultranza a política dos populares. Adoitaba discutir comigo sobre política, falándome do rexurdimento económico que viviramos gracias á política do insecto Aznar, como Rato era un gran ministro, e Álvarez Cascos un home intelixente.
Pois hai un mes aproximadamente, a chamada do comunismo chegoulle a este homiño, integrista cristián por outro lado, e afilióuse á UCE e agora anda a defender o ideal comunista ao ancho e longo de todo o perímetro santiagués, con La Verdad en man. Será como cando Deus chama a un paisano que está cunha prostituta e sente a necesidade de entregarse á vida contemplativa. Agora ben, supoño que de aí xurden os curas pederastas. Non quero saber o que darán individuos de ultradereita metidos ao comunismo.
"Por favor, sede congruentes".

2 comentarios

Elianinha -

Home, Juan, non me odies... Non me acordei de comentarcho. Ti nunca terías cometido este erro porque ti non es como Deus, pero tampouco coma nós... Gracias por deixar o comentario.

CORSO -

Se non tivese coñecido ao individuo do que falas quedaría abraiado pero que queres que che diga vai na súa liña de actuación. Unha última cousa, estou moi enfadado pois coñezo esta bitácora de casualidade ejjjmmmmmm